Monday 29 de April de 2024

Cambre adxudica a pavimentación nas parroquias de Cambre, Bribes e outros


A mellora contempla os camiños públicos de Os Currás (STA Mª Vigo), Lendoiro (Cambre), Bribes – Peiraio Brille (Andeiro), Acaroada (Cambre-Cela), Bandeboo (Brexo), e Lendoiro (Cecebre). Trátase da pavimentación de máis de cinco quilómetros de estradas públicas

O goberno local de Cambre aprobou en xunta de goberno local a adxudicación da obra “Pavimentación nas parroquias de Cambre, Bribes e outros”, cun orzamento de execución por contrata de 221.951,61 euros (IVE incluído), e finalmente adjudicado por 136.655´61 euros.
A obra está incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2017”.

As obras consisten esencialmente na renovación dos firmes coa nivelación extensión e compactación das zonas que na actualidade non están pavimentados.

Asemade, levarase a cabo a apertura e limpeza de camiños e cunetas, o lavado do firme, a extensión de aglomerado, fresado en algúns casos, incluso a regularización, recrecido de pozos, sumidoiros, arquetas, potes e bocas.

A mellora contempla os camiños públicos de Os Currás (STA Mª Vigo), Lendoiro (Cambre), Bribes – Peiraio Brille (Andeiro), Acaroada (Cambre-Cela), Bandeboo (Brexo), e Lendoiro (Cecebre). Trátase da pavimentación de máis de cinco quilómetros de estradas públicas.
A partir de agora o prazo de execución será de dous meses 2 MESES, contados a partir da data do replanteo.